domingo, 18 de diciembre de 2016

Sábado 17 de decembro, 11h - Acto conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes no Ateneo Ferrolán

Convidámosvos a participar este sábado 17 de decembro, dende as 11:00h, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, nun acto conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes, que se celebra o 18 de decembro.



O acto comezará coa proxección do documental "Astral", que amosa as tribulacións da ONGD Proactiva Open Arms para fletar un buque entregado en doazón co que rescatar ás persoas que fuxen dos conflictos en oriente medio a través do Mediterraneo.

A continuación faremos unha pequena presentación do significado da data a conmemorar e realizaremos un pequeno resumo das accións nas que participou o Foro Galego de Inmigración neste 2016.

Tras esta introducción, daremos paso a unha mesa redonda protagonizada polas seguintes convidadas:

  • Xabier Ron: membro de Esquerda Unida, ex-membro do grupo parlamentar de AGE. Vencellado ás reivindicacións do movemento migratorio de Galicia é membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa creación.
  • Maite Bustamante: avogada e colaboradora do Foro Galego de Inmigración
  • Saínza Ruíz: concelleira de migracións do Concello de Ferrol.
Nesta mesa as convidadas expoñerán a súa perspectiva da situación actual dentro dos movementos migratorios e logo abrirase unha rolda de preguntas para permitir a participación do público.

sábado, 17 de diciembre de 2016

Vídeos do coloquio "Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais"

Para todas aquelas persoas que non puideran asistir ao interesantísimo coloquio que protagonizou Manolo S. Bayona, e que tiña por título "Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais", temos unha gran noticia: fomos quen de grabar cunha calidade bastante decente en vídeo este evento, e deixámolo na nosa canle de Youtube a disposición de todas aquelas persoas que o queran ver.

Adiantamos que, máis aló de centrarse concretamente na problemática migrante, serviu para abordar a situación actual das persoas en situación máis vulnerable, o contexto neoliberal no que vivimos, e as posibilidades que temos de mudar as cousas e conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria, da que o centro sexa o ser humano, e non o diñeiro nin o traballo.







Primeira parte: https://www.youtube.com/watch?v=wjqhPXwGWQg
 



Segunda parte: https://www.youtube.com/watch?v=P21s_f9ClR4



viernes, 16 de diciembre de 2016

O Concello de Ferrol sumouse á celebración do Día Internacional das Persoas Migrantes

O Concello de Ferrol súmase á celebración do Día Internacional das Persoas Migrantes, e como mostra simbólica desa adhesión aceptou pendurar na fachada do pazo municipal a faixa que empregamos nas mobilizacións da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.

Dende aquí, o noso agradecemento ao Concello de Ferrol, e en especial, á concelleira de migracións e asuntos sociais, Saínza Ruíz.





jueves, 15 de diciembre de 2016

Participa na campaña de Twitter sobre o Consello Europeo que terá lugar 15 e 16 de decembro sobre migración e refuxiados

Dende este xoves 15 de decembro, a partir das 11 da mañá haberá unha campaña a nivel estatal en Twitter sobre migración e refuxio coincidindo co último Consello Europeo do ano, que debaterá sobre esta temática.
Chéganos esta proposta de participación dende a Coordinadora Estatal de ONGD.



Ante el último Consejo Europeo del año – 15 y 16 de diciembre
QUÉ                  Acción en Twitter para difundir información sobre el Consejo Europeo en el que se debatirá sobre la política de refugio y migración
CUÁNDO           Día 15 de diciembre de 2016, a partir de las 11:00 / Podéis continuar difundiendo el día 16
POR QUÉ           En el último Consejo Europeo del año se debatirá sobre las políticas de migración y refugio de la UE. Los estados tratarán específicamente los acuerdos firmados con terceros países –que siguen el modelo del acuerdo con Turquía. Como ONG de Desarrollo, una de las cuestiones que más nos preocupan es que se acaben destinando los fondos de cooperación a la contención de fronteras.  Nos preocupa también que no se garanticen los derechos humanos.

CUENTAS a las que dirigirnos o mencionar:
. Consejo Europeo: @EUCouncil
. Gobierno de España: @desdelamoncloa
. Mariano Rajoy: @marianorajoy
. Ministerio de Asuntos Exteriores:  @MAECgob


PROPUESTA TWEETS:
Hoy, atentas a la reunión del @UECouncil en la que se debatirá la política europea de migración y refugio http://coordinadoraongd.org/2016/12/hora-cambiar-curso-la-politica-migratoria-no-mas-acuerdos-la-ue-impidan-la-llegada-personas-migrantes/

Ante la reunión del #ConsejoEuropeo exigimos cambiar el curso de la política migratoria Europea: http://coordinadoraongd.org/2016/12/hora-cambiar-curso-la-politica-migratoria-no-mas-acuerdos-la-ue-impidan-la-llegada-personas-migrantes/

Los Estados europeos deben ser responsables y acabar con los acuerdos que impidan la llegada de personas migrantes http://coordinadoraongd.org/2016/12/hora-cambiar-curso-la-politica-migratoria-no-mas-acuerdos-la-ue-impidan-la-llegada-personas-migrantes/

¿Será el gobierno español responsable en la reunión del #ConsejoEuropeo en la que se decidirá sobre política migratoria? http://coordinadoraongd.org/2016/12/hora-cambiar-curso-la-politica-migratoria-no-mas-acuerdos-la-ue-impidan-la-llegada-personas-migrantes/

@MAECgob en el #ConsejoEuropeo que se celebra estos días, debe garantizarse que los fondos de cooperación NO se destinan a contención de fronteras http://coordinadoraongd.org/2016/12/hora-cambiar-curso-la-politica-migratoria-no-mas-acuerdos-la-ue-impidan-la-llegada-personas-migrantes/
@UEConcil à debe garantizar el pleno cumplimiento de las personas migrantes y refugiadas http://coordinadoraongd.org/2016/12/hora-cambiar-curso-la-politica-migratoria-no-mas-acuerdos-la-ue-impidan-la-llegada-personas-migrantes/

@UEConcil à No pueden firmarse acuerdos migratorios con países que no respetan los DDHH . http://coordinadoraongd.org/2016/12/hora-cambiar-curso-la-politica-migratoria-no-mas-acuerdos-la-ue-impidan-la-llegada-personas-migrantes/

El acuerdo UE-Turquía ha llevado también a que 60.000 personas se hayan quedado varadas en Grecia.  #VergÜEnza CC @UEConcil

La UE ha firmado un acuerdo con Afganistán para acelerar la readmisión y el regreso forzado de las personas. #VergÜEnza CC @UEConcil

El acuerdo UE-Turquía empeora la ruta migratoria. En 2016 han muerto 4.700 personas en el Mediterráneo.  # VergÜEnza CC @UEConcil  

martes, 13 de diciembre de 2016

Mércores 14 de decembro - Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais” con Manolo Bayona

Este mércores 14 de decembro, ás 19:00h, no Ateneo Ferrolán terá lugar o coloquio "Fronteiras invisibeis e dereitos sociais", enmarcado dentro das actividades que se celebrarán para conmemorar a Semana de Loita Contra as Fronteiras que organizamos dende o Foro Galego de Inmigración, e que este ano terá lugar entre o 14 de o 17 de decembro.



Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.  Para abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa participación de Manolo S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión. O obxectivo deste acto será tratar o tema das barreiras no dereito a vivir dignamente e someter a unha análise crítica as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal.

Manolo Sáez Bayona (1954), nado en A Coruña pero desde hai anos en movemento polas estradas do Estado, ás veces cruzando tamén o Atlántico para percorrer terras americanas. Traballador social de título, pero sobre todo persoa inqueda que dende hai máis de trinta anos participa en Baladre, na coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Formador, locutor de radio, escritor... pero sobre todo “coidador” de persoas e procesos que desde abaixo pulan por posibilitar a vida en medio do capitalismo. Unha das ferramentas que as baladrinas como Manolo levan no saco para tentar parir outros mundos é a Renda Básica das iguais.

Para saber máis do noso convidado, recomendamos que vexades a entrevista realizada por Galicia Ano Cero, accesible na seguinte URL: https://vimeo.com/130728582

Presentación da Semana de Loita Contra as Fronteiras 2016 - do 14 ao 17 de decembro

Este luns 12 de decembro o Foro Galego de Inmigración - Ferrolterra fixo a presentación da celebración da Semana de Loita Contra as Fronteiras nunha rolda de prensa que tivo lugar na Galería Sargadelos ás 12h, e á que asistiron varios medios de comunicación.

A continuación compartimos o texto o que se deu lectura, coas motivacións para celebrala neste ano 2016 e os actos que se organizarán para conmemorala:





14 a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras

Ningunha persoa sen dereitos!”



O Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas municipais. Convocan a unha manifestación contra as fronteiras e as políticas migratorias o sábado 17 as 12hs na Praza do Toural.



Cada ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.



Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.



En anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012 ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando as empresas aéreas. Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.



Con bastante frecuencia vimos denunciando as trabas que se dan no ámbito da educación e da atención sanitaria. A súa vez, no eido laboral temos un brutal exemplo de fronteira institucional-administrativa representado na situación das traballadoras do fogar, maioritariamente mulleres migradas, sometidas a condicións de explotación e discriminación no acceso a dereitos tan elementais como a prestación por desemprego.



No entanto hai outra dimensión na que tamén se instauran fronteiras entre veciñas dunha mesma comunidade. Entendemos que pouco se ten tratado a situación das persoas migrantes en relación aos dereitos sociais desde unha posición de xustiza e equidade. O que si teñen abundado son os discursos xenófobos que explotan mitos interesados e falsos sobre o colapso de servizos públicos e o acceso preferencial a axudas. Mentiras que teñen como obxectivo fracturar e crear un inimigo interno, ao mesmo tempo en que aboan o terreo para o avanzo do fascismo máis descarnado.



Seguiremos a combater tales discursos e reivindicar o dereito a vivir dignamente de todas as persoas, así como denunciar a exclusión das persoas migrantes en situación irregular de practicamente todas as prestacións sociais como é o caso da RISGA ou das axudas de emerxencia social.



No caso das persoas comunitarias, o pasado ano xunto a Oficina de Dereitos Sociais de Coia denunciamos os atrancos que lles impuxo a Lei de Inclusión Social de Galicia, amosando que no labirinto institucional tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.





Só moi recentemente e debido ao traballo de incidencia do Foro Galego da Inmigración ampliouse o dereito a acceder ás rendas municipais a aquelas persoas en situación irregular que reúnan os requisitos. Aínda así, consideramos que estas prestacións constitúen ferramentas moi febles e insuficientes para facer fronte ás necesidades básicas dunha poboación cada vez máis depauperada.



Entendemos que a exclusión nos dereitos sociais e a imposibilidade de garantir a satisfacción de necesidades como alimentación, vivenda e suministros, funciona como unha panca para a subordinación e a explotación laboral a que é sometida a poboación migrante.



Esta circunstancia se ve agravada pola aplicación dunha Lei de Estranxeiría profundamente restritiva e discrecional, conducindo a millares de persoas con contrastable arraigo a situacións de irregularidade sobrevida e a deportacións sumarias. Recentemente mobilizámonos para denunciar a deportación dun mozo veciño de Compostela, que levaba 14 anos convivindo entre nós e mesmo chegara a estar tutelado pola Xunta de Galicia durante catro anos.



Para abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa participación de Manolo S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión, e con profesionais do ámbito dos servizos sociais e inclusión.



A través de charlas en distintas localidades e dun conversatorio, trataremos as barreiras no dereito a vivir dignamente e someteremos a un análise crítico as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal.



Programa de actividades da Semana de Loita contra as Fronteiras:



MÉRCORES 14. FERROL

19hs. Ateneo Ferrolán. Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)



VENRES 16. CORUÑA.

20hs. Asociación Viraventos. Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 20hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).



SÁBADO 17. COMPOSTELA

12hs. Praza do Toural. Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias: Solidariedade!



18hs. CTC San Roque. Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.



SÁBADO 17, FERROL

11:30hs. Ateneo Ferrolán. Acto Conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes. Farase a proxección dun documental e posteriormente abrirase unha mesa redonda na que participarán Xabier Ron -Esquerda Unida- e Maite Bustamante -avogada-.



Ademáis, queremos anunciar que o Concello de Ferrol comprometeuse a pendurar na fachada do pazo municipal unha faixa da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas para sumarse á conmemoración do Día Internacional das Persoas Migrantes. Aproveitamos para agradecer en especial á concelleira de Inmigración, Saínza Ruíz, pola súa disposición a colaborar con nos. Lamentamos non poder contar coa súa presenza nesta rolda de prensa, pero lle era imposible por motivos de axenda.



Tamén queremos aproveitar a rolda de prensa para sumarnos á convocatoria a nivel estatal pola que se realizarán hoxe, 12 de decembro, mobilizacións contra a guerra en Síria baixo o lema “Siria. No a la guerra. STOP WAR”, e que terán lugar en 29 cidades. A máis cercana, na Coruña, entre as 18:30h e as 20:00h no Obelisco do Cantón Grande.

domingo, 11 de diciembre de 2016

Rolda de Prensa - Luns 12 de decembro, 12:00h, Galería Sargadelos (Ferrol)

Dende o Foro Galego de Inmigración - Ferrolterra, convocamos este luns 12 de decembro, ás 12:00h, na Galería Sargadelos de Ferrol, unha rolda de prensa para presentar a Semana de Loita Contra as Fronteiras deste ano 2016.

Convidámosvos a participar nesta rolda de prensa, coa fin de dar apoio a esta iniciativa e darlle visibilidade ante os medios de comunicación




14 a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras
Ningunha persoa sen dereitos!”

O Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas municipais.

Cada ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.
Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.
En anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012 ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando as empresas aéreas.
Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.

Ademáis anunciaremos que o Concello de Ferrol accedeu a pendurar da fachada do Concello unha pancarta da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas durante toda a semana para conmemorar este feito.

Programa de actividades da Semana de Loita contra as Fronteiras en Galicia:

MÉRCORES 14. FERROL
Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

VENRES 16. CORUÑA.
Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 20hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).

SÁBADO 17. COMPOSTELA
12hs. Praza do Toural. Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias: Solidariedade!
18hs. CTC San Roque. Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.

SÁBADO 17, FERROL
11:30hs. Ateneo Ferrolán. Acto Conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes. Farase a proxección dun documental e posteriormente abrirase unha mesa redonda na que participarán Xabier Ron -Esquerda Unida- e Maite Bustamante -avogada-.

domingo, 19 de junio de 2016

19 de xuño, 12:00h - Manifestación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas - Ferrol

Dende a Plataforma Comarcal de Ferrolterra da Rede Galega Apoio ás Persoas Refuxiadas chamamos á participación na manifestación convocada para o día 19 de xuño ás 12:00h. A saída terá lugar da Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta, zona Praza de España), rematando na Praza do Cantón.




Que denunciamos?

A coñecida como crise das persoas refuxiadas é, en realidade, unha crise humanitaria, resultado dunha sucesión de conflitos armados, guerras e inxerencias externas e da ausencia total de responsabilidade por parte dos nosos gobernos, quen responde coa mesma lóxica das concertinas en Melilla ou da violación continúa de dereitos humanos nos CIE. Estamos ante unha crise de humanidade e solidariedade. Unha barbarie.

Mediante o acordo entre a UE e Turquía asínase a expulsión de tódalas persoas chegadas irregularmente ás costas gregas a cambio de traer dende Turquía outras tantas. A expulsión farase sen importar a idade, a nacionalidade, as súas circunstancias persoais ou o motivo que lles obrigou a estas persoas a fuxir do seu país. O acordo é inmoral pero tamén ilegal, a súa aplicación práctica vulnera a normativa europea e internacional. Se non se reverte a situación agravarase e seguirá poñendo en perigo ás persoas, especialmente aos colectivos máis vulnerables, moi especialmente nenos e nenas, mulleres e persoas enfermas ou con diversidade funcional.

Por isto esiximos a súa derogación e a garantía de rutas legais e seguras sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais, directivas e regulamentos europeos en materia de asilo e refuxio; e o respecto dos dereitos humanos nas fronteiras.


Que demandamos?

Ante esta grave situación demandamos ao goberno estatal, á Xunta de Galicia e aos gobernos locais:

  • A ampliación e axilización do sistema de asilo para as persoas que xa están no Estado español e en Galicia pendentes de ser atendidas.
  • Aumentar a sensibilidade á hora de dar resposta ás persoas que non poden acceder ao sistema de acollida porque está colapsado.
  • Asumir a súa responsabilidade coma garantes dos dereitos das persoas refuxiadas, poñendo recursos á disposición destas e recuperando os fondos destinados á cooperación ao desenvolvemento e atención á poboación de orixe estranxeira.
  • Revisar profundamente a política migratoria e exterior europea, que dilapida os nosos cartos nunha infraestrutura de vixilancia, disuasión, intimidación e violencia.
  • Que actúen sobre os problemas de orixe: adoptando medidas para loitar conta as desigualdades, reducir a pobreza e previr os conflitos armados nas zonas de orixe.

Quen somos?


A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas fórmase por persoas a título individual, colectivos e organizacións diversas que xuntámonos para sumar forzas e voces que axuden a parar esta barbarie, denunciar e mudar as políticas vergoñentas e loitar pola defensa dunha vida que mereza a pena ser vivida.

A Rede a día de hoxe, conta con plataformas en: A Coruña, A Guarda, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. Máis info en: www.rederefuxiadas.org ou @GalRefuxiadas


Que podo facer eu?... Algunhas ideas


Fórmate e informa. Colabora en difundir a realidade que están a vivir as persoas refuxiadas e os motivos desta crise. Podes facer traballo educativo na escola, no tempo libre, na túa casa… pois todas as persoas temos que saber o que está a pasar.

Esixe aos diferentes partidos e administracións que fagan presión para que se atenda e acolla ás persoas refuxiadas e que os teus impostos sirvan para axudalas. Organízate para que se presenten mocións no teu concello e para que a Xunta se posicione.

Infórmate ben sobre as organizacións ás que queres facer doazóns materiais para asegurar que a túa axuda chega a organizacións profesionais, transparentes, con presenza no terreo e capacidades efectivas para prestar unha axuda eficaz. Sempre que sexa posible a axuda debe prestarse aproveitando os recursos locais e rexionais para evitar os custes adicionais (ambientais e financeiros) de facer envíos e para favorecer a economía local e rexional.

Colabora como socia/o, voluntaria/o, activista ou ciberactivista. Apoia campañas de denuncia das actuais políticas migratorias e de asilo; implícate en organizacións especializadas que xa están a traballar en Galicia con persoas refuxiadas ou que agardan ese recoñecemento; ou con calquera organización que traballe en cooperación internacional ou defensa da paz e os dereitos humanos.

Infórmate se está previsto que cheguen persoas refuxiadas ao teu concello. Algúns municipios están a coordinar a acollida con organizacións, e a cidadanía é imprescindible no acompañamento destas persoas.

Fai donativos económicos ás organizacións especializadas que traballan nos países de primeira acollida, de tránsito ou aquí. Moito mellor facerse socia e socio, pois as axudas regulares permiten planificar e organizarse mellor así como xestionar o traballo en función das necesidades detectadas en cada momento.

Recorda: a solidariedade efectiva sempre é de longa duración. As persoas refuxiadas tamén necesitan o noso apoio e a nosa atención cando non son noticia.

Para máis información:

Revisa á web da CGONGD: www.galiciasolidaria.org ou @cgongd
Web da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: www.rederefuxiadas.org

martes, 14 de junio de 2016

Primeiras informacións sobre o acto do pasado 11 de xuño que celebramos en Ferrol

Como saberedes, o pasado 11 de xuño celebrabamos un acto no Ateneo Ferrolán que servía como peche da Campaña contra os Voos de Deportación, así como para facer a asemblea anual do Foro Galego de Inmigración.


Un acto que pola mañá contou coa presenza de representantes de varios dos colectivos que se adheriron a esta campaña, e que interviñeron para amosar o seu rexeitamento aos voos de deportación.

O acto tivo boa cobertura en prensa, tal e como amosan as seguintes noticias:


Diario de Ferrol - Un acto público en el Cantón cierra la campaña contra las deportaciones
La Voz de Galicia - El Foro Galego de Inmigración celebró en la ciudad su asamblea anual

Noticia da que tamén se fixo eco a web STOP Deportacións no artigo Un acto público en el Cantón cierra la campaña contra las deportaciones

Estamos traballando para publicar todo o material videografico que obtivemos durante a celebración destes actos. Para ir abrindo boca, deixámosvos unha ligazón ao album fotográfico deste evento coas primeiras fotos que nos foron chegando

viernes, 10 de junio de 2016

Sábado 11 de xuño - Acto de peche da Campaña contra os Voos de Deportación, e asemblea anual do Foro Galego de Inmigración en Ferrol

O Foro Galego de Inmigración, contando co apoio do Concello de Ferrol, desenvolve este sabado día 11 de Xuño o seu ENCONTRO/ASEMBLEA ANUAL EN FERROL nos locais do Ateneo Ferrolán cunha ampla participación de representantes das asociacións , entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración. .


Nese Encontro terá lugar en primeiro lugar:

Ás 11: 30 h. o Acto Público Final da Campaña, que vimos desenvolvendo con diferentes actividades por toda Galicia dende o mes de Febreiro, CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA., que contará con destacados representantes de diferentes institucións , entidades, partidos políticos, sindicatos, e asociacións, máis de medio centenar que apoíaron formalmente esta Campaña. Entre os que salientamos, Estrela Gómez (AGAMME) Iria Fandiño (Secretariado Xitano), Leticia Castro (Colexio Oficial de Educadores Socias de Galicia ), Alberto Vizoso (CUT), Karlotti, Beatriz Dorrio, Pedro Ferrandiz (representantes do mundo da cultura e da educación), Xabier Ron (Deputado de AGE), Beatriz Sestayo e o propio alcalde Jorge Suárez.. Promovemos esta Campaña a nivel estatal xunto coa Campaña polo Peche dos Cies :CIEs NON co obxectivo de facer visible o drama cotián que sufren as persoas migrantes, veciños e veciñas nosos en situación de irregularidade administrativa, que son detidos nas nosas vilas e cidades, poden ser internados en CIES (Centros de Internamento de Estranxeiros) e que son deportados de forma forzosa e moitas veces violenta , case 10.000 o ano pasado, coa colaboración e o correspondente beneficio económico (12 millóns de Euros no último Concurso ) do grupo empresarial GLOBALIA, que inclue a AIR EUROPA ou HALCÓN VIAXES entre varias outras empresas e marcas moi coñecidas. No Concurso Público Estatal que remata de resolverse para os anos 2016 e 2017, este grupo empresarial obtivo de novo a Concesión, pese a presentar una oferta económica máis elevada. As entidades que apoíaron formalmente a Campaña son, entre outras: S.O.S Racismo Galicia, ONG Viraventos, Ecos do Sur , Mundo sin guerras y sin violencia , Esquerda Unida, Próxecto Cárcere, Patronato Concepción Arenal Alternativa Galega de Esquerda, PsdG/PSOE,Candidatura de Unidade Popular de Chantada, Oficina de Dereitos Socias de Vigo, GAS (Grupo de Axitación Social), Plataforma polo Emprego,Centro Traballo e Cultura de Cáritas de Santiago, CUT, CIG, e Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia. Ademáis contamos coa sinatura formal de máis dun cento de persoas de moi diferentes ámbitos.

Despois, continuaremos cun Acto Público Reivíndicativo ás 13:00 h na zona do Cantón, no que logo dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía ferrolán a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas, que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Logo dun xantar compartido, pola tarde, no mesmo Ateneo a partir das 16:30h celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada, que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: promovemos, por certo unha Xornada de Mobilizacións nas vilas e cidades de Galicia o domingo 19 de Xuño co lema “Rachemos coas Fronteiras. Non as Guerras” coíncindindo coa celebración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. A Asemblea marcará tamén ás liñas de traballo futuras para o curso 2016/2017.

viernes, 3 de junio de 2016

Texto e fotografías enviados aos medios sobre o acto do pasado martes 31 de maio en Sargadelos da Rede Galega en Apoio as Persoas Refuxiadas en Ferrolterra

Tal e como anunciaramos nunha invitación que vos fixemos chegar aos medios de comunicación, o martes 31 de xuño tivo lugar na Galería Sargadelos de Ferrol o acto de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en Ferrolterra.
 

A Rede foi constituída o pasado 20 de abril a nivel galego, e a ela están adheridos máis de 45 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais. O seu obxectivo é denunciar públicamente a inhumana xestión da crise das persoas refuxiadas levada a cabo polas diferentes institucións e gobernos da UE.

Nunha recente reunión que tivo lugar o pasado mércores 25 en Ferrolterra entre entidades xa adscritas a esta rede e outras novas de ámbito local, tomouse a decisión de constituir a Rede en Ferrolterra.


Neste acto de presentación contouse coa presenza de Alberto Ameneiros, veciño da comarca que retornou hai escasos días do campo de Idomeni, en Grecia. Da súa man os asistentes tivemos a ocasión de escoitar de primeira man o relato da situación destas persoas nos campos. Un relato que fala de ONGDs e voluntarios desbordados, de historias de xente que perdeu familia e amigos nos conflictos dos que fuxe, e que ainda así, unha vez vista a situación nos campos chega a plantexarse a posibilidade de regresar ao seu fogar, ainda a costa da súa vida. De abandono por parte das autoridades europeas e gregas. De falta absoluta de control da entrada e saída de xente nos campos, foran refuxiados, xente allea, menores... De traumas de guerra. De falta de información absoluta, tanto para as persoas voluntarias como para as refuxiadas. De desesperación de non poder atender tódalas necesidades da xente dos campos. Pero tamén da solidaridade de voluntarios, moitos xente nova, e de tódolos rincóns de Europa, con ganas de cambiar as cousas, e de persoas amables, educadas, cultas, de tódalas condicións sociais, agradecidas a pesar da súa situación desesperada, e co único desexo de poder desfrutar do dereito a vivir en paz e de seren tratados como seres humanos.


Manifesto da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: http://www.rederefuxiadas.org/p/manifesto.html

lunes, 30 de mayo de 2016

Martes 31 de maio, 19:30h, Sargadelos - Presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Este martes 31 de maio, ás 19:30h, terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol un acto aberto de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Constituída na actualidade por máis de 45 colectivos -entre eles, o Foro Galego de Inmigración-  ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade e denunciar a política migratoria da UE.

No acto, participará Alberto Ameneiros, veciño da nosa comarca, que relatará a súa experiencia nos campos de refuxiados dos que acaba de regresar.

Pregamos máxima difusión deste acto, e a vosa participación.
 


Máis información sobre a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: Web: http://www.rederefuxiadas.org/
Twitter: @GalRefuxiadas
 

miércoles, 25 de mayo de 2016

Este martes 24 de maio tivo lugar a presentación da "Campaña contra os Voos de Deportación" do Foro Galego de Inmigración en Ferrolterra

O pasado martes 24 de maio tivo lugar ás 12:30h na Galería Sargadelos de Ferrol a rolda de prensa de presentación da Campaña contra os Voos de Deportación do Foro Galego de Inmigración. Nesta rolda de prensa contouse coa presenza de Luis Victoria, actual Concelleiro de Ferrol responsable de temas de inmigración, así como membros de colectivos que se adheriron a esta campaña.

 Foto: Daniel Alexandre (Diario de Ferrol)


Esta rolda de prensa foi cuberta polo Diario de Ferrol na seguinte noticia:

Diario de Ferrol - El Foro de Inmigración presenta su campaña contra las deportaciones

Para todas aquelas persoas que descoñezan a existencia desta campaña, incluímos máis información sobre ela a continuación:





Quen somos?
A Campaña Estatal polo Peche dos CIE é unha coordinación de colectivos antirracistas e de loita contra as fronteiras. Desde fai anos vimos loitando polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeiros e denunciando a persecución, a represión e as deportacións forzadas ás que se ve sometida a poboación inmigrante no Estado español.

Seguramente coñeceredes a existencia dos CIE, estas cárceres encubertas onde as persoas inmigrantes son encerradas ata sesenta días por non ter papeis: aproximadamente a metade son deportadas aos seus países de orixe, mentres que para a outra metade o internamento é un castigo en si mesmo.

Desde a miña cidade se deporta?
Tódolos anos o Ministerio do Interior expulsa a miles de inmigrantes mediante avións de deportación: amplísimo dispositivo policial, que dobran ao número de persoas expulsadas, actúan con impunidade e violencia, amparados nun Protocolo para as Repatriacións literalmente brutal. As inmobilizacións humillantes son só o paso previo aos golpes e tundas, mentres o uso de sedantes pode ser autorizadopolo persoal médico encaixado no operativo policial.

No último ano, desde España fretáronse 134 voos de deportación, exclusivamente dedicados a estas expulsións colectivas. Para enchelos, o Ministerio do Interior organiza redadas racistas, convertidas en verdadeiras cazas por nacionalidade. Non só se atrapa a persoas polas rúas, senón que a policía os fustriga nos seus propios domicilios. As capturas de inmigrantes sucédense nas semanas e días previos ao voo. A veces o traslado final ao aeroporto prodúcese desde os Centros de Internamento; mais outras moitas veces son detidas nas 72 horas previas ao voo, polo que se as levan ao avión directamente desde os calabozos policiais, nas chamadas Deportacións Express.

Os responsábeis e os seus intereses
Durante anos, estas deportacións leváronse a cabo a través de diversas compañías aéreas. Desde o ano 2013, o Ministerio del Interior firmou contratos monopolistas con dúas compañías, Swift Air e Air Europa, polo que estas recibirán, ata 2016, uns 36 millóns de euros polo noxento negocio das deportacións.

Isto é exactamente o que se embolsa Air Europa de diñeiro público por levarse á forza a miles de persoas tódolos anos nestes macabros voos de deportación:



10.500 euros por hora de voo en avións de menos de 120 prazas

17.000 euros por hora de voo en avións de 120 a 200 prazas

22.000 euros por hora de voo en avións de máis de 200 prazas

Air Europa forma parte do grupo Globalia. Precisamente en datas próximas ao seu primeiro contrato para as deportacións, Abel Matutes, exministro de Aznar, comprou o 5% da compañía. Juan José Hidalgo é o máximo accionista. Agradecido con este conglomerado empresarial que lle fai o traballo sucio, o goberno aprobou outros contratos con Air Europa por centos de millóns de euros.

Nos avións comerciais
Por outra banda, seguen sucedéndose deportacións en voos comerciais, neste caso poden producirse con calquera compañía. Trátase de aproveitar un traxecto nun voo regular para introducir nel a unha persoa –ou un grupo moi reducido delas– fortemente escoltada, e realizar pola forza a súa deportación.

Nestes casos, a policía soe tratar de evitar que o resto da pasaxe sexa consciente de que no mesmo avión se está realizando unha expulsión. Solen introducir á persoa pola escaleira de atrás, colócana na parte traseira separada do resto da pasaxe e exercen a violencia sobre ela, incluso amordazándoa, para evitar que se saiba o que está sucedendo. Osamuyi Aikpitanyi, de nacionalidade nixeriana, morreu asfixiado nunha destas deportacións no año 2007.

Qué podemos facer?
Para frea-las deportacións, existe unha campaña de boicot a Air Europa, Swift Air e todo o Grupo

Globalia. Estas son algunhas das maneiras de que o voso colectivo poida adherirse á mesma:


  • Non viaxar en Air Europa nin Swift Air, nin con Halcón Viajes, Viajes Ecuador, Latitudes, Iberrail, Touring Club ni Travelplan, así como no aloxarse nos Hoteis Be Live.

  • Facer público o voso boicot a estas empresas. Se nos escribides ao noso correo electrónico, encargarémonos de servir de altofalante da vosa decisión.

  • Organizar charlas u outras actividades e difundir material da campaña. Podedes escribirnos a esta dirección de correo electrónico se queredes recibir por correo postal adhesivos, panfletos, etc., así como para concertar charlas e debates sobre o asunto.

  • Sumarvos a convocatorias ou realizar pola vosa conta actos de protesta tanto nas oficinas de Air Europa e Swift Air como nas oficinas das outras empresas implicadas (por exemplo fronte ás axencias de viaxes Ecuador e Halcón).

  • Se viaxas en avión e asistes a unha tentativa de deportación, podes negarte a viaxar nun voo no que se levan a alguén pola forza: fala co resto da pasaxe, protesta á tripulación, non te sentes ata que saquen do avión á persoa á que pretendían expulsar.



Para adherirse a ela, basta con introducir os teus datos no formulario existente nesta ligazón: http://stopdeportacions.org/
Acéptanse adhesións tanto dende colectivos como de persoas a título individual.

Esta campaña pecharase cun acto que terá lugar o vindeiro 11 de xuño en Ferrol, coincidindo coa nosa asemblea anual do Foro Galego de Inmigración. A medida que coñezamos máis detalles, daremos máis información sobre este evento.