martes, 12 de septiembre de 2017

Convocatoria de Xuntanza do Foro Galego de Inmigración: 16/09/2017 - 11:00h - Ateneo Ferrolán (Ferrol)

Santiago, 6 de setembro de 2017.

Ola Compañeiros e Compañeiras, ¿que tal o verán?  Para comezar o curso, tal e como quedamos no Encontro de A Coruña. convocamos XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 16 de setembro do 2017 ás 11:00 h en FERROL (OLLO, ROMPEMOS O CENTRALISMO COMPOSTELÁ) no ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena nº 202) para rematar sobre ás 13:00 h.

A Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
  1. Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas. Outras actuacións e actividades (Festival Intercultural en Compostela o domingo 10 de setembro).
  2. Deseño de actuacións para o curso 2017/2018, tendo en conta os acordos do Encontro de A Coruña en Xuño. Propostas no ámbito da Comunicación (dun grupo do Foro de Compostela que traballou no verán neste ámbito)
  3. Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.

AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA

Para calquer dúbida ou aclaración contactar con
Miguel/Rocío (981-580506/ 662307019 | foroinmigracionsantiago@yahoo.es.) - SANTIAGO
Susana (680922151 | sual259@hotmail.com) - FERROL









FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com

jueves, 26 de enero de 2017

O Seminario Galego de Educación para a Paz concede ao Foro Galego de Inmigración o premio Portapaz 2017

¡Estamos de noraboa! O pasado luns recibimos comunicación do Seminario Galego de Educación para a Paz para informar que acordaran concedernos ao Foro Galego de Inmigración o seu premio anual: o coñecido, e prestixioso, premio PORTAPAZ, que se entrega pola defensa dos valores que se corresponden cunha cultura de Paz.



 O acto de entrega será o vindeiro venres día 27 de xaneiro, ás 19:30h no auditorio da Obra Social ABanca, na Praza de Cervantes, Santiago de Compostela. O premio non ten dotación económica, pero sí un importante valor simbólico.




sábado, 7 de enero de 2017

Asemblea Aberta de Coia - "Quérennos en soidade, téñennos en común", sobre a loita veciñal en Coia e solidariedade con Diego Lores

Tras o acto do pasado 14 de decembro sobre Renda Básica que protagonizou Manolo S. Bayona, da Coordinadora Baladre, no Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra tendemos cabos coa xente de Baladre e a Asemblea Aberta de Coia. Dos primeiros froitos desta relación é servir de anfitrións en Ferrol a un acto que están a promover estas dúas organizacións para dar visibilidade aos problemas da veciñanza co Concello de Vigo, e en concreto os sucesos que aconteceron durante a loita veciñal para evitar a custosísima instalación na rotonda de Coia do buque Alfageme. Un acto que terá lugar o vindeiro luns 9 de xaneiro, ás 19:00h, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

A continuación compartimos o texto da convocatoria, e convidámosvos a participar nela:



8 ao 14 de xaneiro
Semana solidaria coa loita na rotonda de Coia – Diego Absolución!

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”.

A xira procura sumar apoios a Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués. O 17 de xaneiro celebrarase o xuízo. 

Este ciclo de palestras, irán acompañadas da proxección da curta #MoitoPeixeRompeARede que repasa os meses de conflito.

Con estas actividades queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común, da vida. Coñecer as resistencias das que visualizan a inxustiza existente tras a cidade capitalista. Coñecer as arelas daquelas que pulan por colocar a vida e os dereitos sociais de todas no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social.

Para tratar estes temas contaremos con persoas que participaron en diferentes loitas para contarnos as súas experiencias e tecer redes na defensa do que é de todas.