Malia iso, pensamos que quedan uns meses ata a aprobación do decreto e que as actuacións incluidas no mesmo, debido a repercusión negativa que ha ter sobre a vida de personas en situación de vulnerabilidade, xustifican a coordinación do tecido asociativo comprometido coa xustiza social.
Para poñer en comúns as análises e alegacións realizadas e elaborar propostas concretas de incidencia política e social o Foro Galego da Inmigración CONVÍDAVOS a unha xornada de traballo o sábado 17 de marzo, en horario de 11 a 14hs no CSC de Fontiñas en Compostela.
Entre os obxectivos da xuntanza estaría:
- coñecer o traballo de análise e alegacións ao decreto que fixemos en cada colectivos
- tratar de chegar a un consenso sobre os puntos que debería incorporar o decreto
- elaborar unha declaración conxunta para tratar de incidir no debate público e no proceso de aprobación do decreto
- outras accións de incidencia que consideremos oportunas
foroinmigracionsantiago@yahoo. es - 981-576 142
E nos poñemos a vosa disposión para calquera dúbida ou cuestión que poida xurdir.
Agardando contar convosco!
Saúdos,
Foro Galego da Inmigración
Novas relacionadas: