lunes, 6 de agosto de 2018

Comunicado de prensa: "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito"

Facémonos eco do comunicado de prensa realizado polo Foro Galego de Inmigración en relación ao proxecto de decreto de desenvolvimento da RISGA publicado pola Xunta de Galicia hai poucos días, nunhas datas como son as estivais nas que é complicado poder dar unha resposta axeitada nun prazo breve.



Comunicado de prensa

“FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO”

DENUNCIA  PÚBLICA: GRAVÍSIMO INCUMPRIMENTO DA XUNTA DE GALICIA COA PÚBLICACIÓN NO DOG, POR SORPRESA E NO MES DE AGOSTO DO DECRETO SOBRE A RISGA (CUN PRAZO DE 15 DÍAS HÁBILES), FURTANDO ASÍ  UN DEBATE PÚBLICO IMPRESCINDIBLE AO CONXUNTO DA CIDADANÍA E AS ENTIDADES SOCIAIS GALEGAS
O Foro Galego de Inmigración denuncia que a Xunta de Galicia ven de públicar no DOG do 3 de Agosto o Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social, establecendo un prazo de 15 días hábiles para presentar Proposicións, Suxestións e Recomendacións.

Esta denuncia proven do compromiso que o Foro e alomenos o resto de  18 organizacións asinantes do  ACORDO COLECTIVO DE ESIXENCIA DE GARANTÍAS BÁSICAS NO RELATIVO AO PROXECTO DE DECRETO DE DESENVOLVEMENTO DA LEI 10/2013, DO 27 DE NOVEMBRO, DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA, NO RELATIVO Á TRAMITACIÓN DA RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA E DAS AXUDAS DE INCLUSIÓN presentando o pasado mes de maio, tiñan de que antes desta publicación ou  que  a mesma sería comunicada ao conxunto de entidades sociais de Galicia (alomenos ás que presentamos Alegacións á Proposta Inicial da Xunta, como é o caso das asinantes deste Acordo) para que puidera establecerse un debate amplo sobre este tema fundamental para as políticas sociais de Galicia. Lamentablemente non houbo información e empregase o caloroso e case inhabil mes de agosto para furtar este debate á  cidadanía   en xeral e as organización sociais galegas..

Como resposta o Foro Galego de Inmigración presentará as propostas do Acordo, respaldadas por: “Foro Galego de Inmigración, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), Asociación ONG Viraventos, Proserso, SOS Racismo,  Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo), Asociación Boa Vida,  Asociación Plataforma Polo Emprego,  Baladre (Coordinación c contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión)   Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela, Coordenadora de Crentes Galegos, Esquerda Unida,  BNG, Compostela Aberta, En Marea, CUT “,  de novo á Xunta de Galicia e insta ao resto de organizacións a facer o mesmo para manter nos próximos meses o debate público  que procedimentalmente a Xunta pretende evitar desta forma tan lamentable.

O ACORDO (vai como anexo o texto completo) pretende en sintese :

  1. A reformulación do proxecto de decreto da Risga e da propia Lei de inclusión social en base ao exposto neste documento.
  2. Que as organizacións e colectivos asinantes poidamos participar activamente e con carácter vinculante no proceso de reformulación do proxecto e no procedemento de audiencia unha vez estudadas as correspondentes alegacións

    En concreto, O Acordo estruturase en seis partes que revíndican unha Risga.

    1. Garantida e informada, coa esixencia dunha carteira de servizos accesible mediante a  elaboración dunha  “carta de servizos” que a cidadanía poida consultar para  coñecer os recursos, servizos e prestacións do sistema social.

    2. Como Dereito cidadá e non como subsidio condicionado. Esiximos un modelo de RISGA como dereito e non como prestación graciable que parta da dignidade da persoa e non criminalice a pobreza, polo tanto :

      • Ao que poidan acceder calquera persoa empadroada en territorio galego (eliminar  o requisito de “residencia legal”).

      • Sin as actuais limitacións de idade, (suprimir a franxa de idade 25-65 anos).
      • Con posibilidade. de percibir máis dunha Risga no mesmo domicilio.
      • Eliminando o criterio de “familiares obrigados a prestar alimentos”.
    3. Suficiente e Digna: esiximos unha RISGA suficiente para garantir unha existencia digna e a participación na sociedade como elemento básico de inserción social, por iso, é imprescindible

      • Aumento das contías para garantir o principio de suficiencia e dignidade na  satisfacción das necesidades básicas. Seguindo as indicacións do Comité  Europeo de Dereitos Sociais en relación ás remuneracións suficientes para garantir   un nivel de vida digno se debería estar contemplando contías de Risga que  representasen o 60% do salario medio, o que en Galicia suporía duplicar a actual  contía de 403,38 euros establecida para unha persoa.

      • Eliminación de incompatibilidades con ingresos escasos procedentes de contratos precarios, prestacións  e  outras axudas públicas.

    4. Accesible e eficaz: defendemos un modelo de RISGA eficiente e áxil, sen burocratizacións innecesarias, co obxecto de que cumpra o seu cometido na maior brevidade posible, polo tanto:

      • Simplificación do procedemento e, en todo caso, cumprimento dos tempos de tramitación (tempo máximo de tres meses dende a entrada da solicitude no Concello correspondente).


      • Informe Social como elemento vinculante e prioritario, por riba do número inxente de documentos que se solicitan, cun modelo de “xanela única” e de dixitalización de documentos que axilizen todo o proceso.


    5. Individualizada e Respectuosa: defendemos unha RISGA garantista cos dereitos individuais e respectuosa co proxecto de vida escollido pola persoa, por iso:

      • Valoración principal de acceso relativa á situación de empobrecemento  económico e falta  de recursos efectivos. Eliminando por tanto os requisitos de  “factor de exclusión” e “desemprego”.
      • Criterios individualizados.

      • Coñecemento e consenso no proxecto de inclusión. Facilitar o acceso ao mesmo.
    6. Efectiva e Sostible, para iso, compre:

      • Coordinación entre administracións.  Obxectividade e uniformidade de  criterios. -

      • Reforzo e formación continua do persoal implicado en todo o procedemento,  garantindo a presencia de profesionais do  traballo social, entre outros profesionais nas unidades de tramitación. Criterios técnicos das profesionais implicadas na tramitación e supervisión dos  procedementos. Superación de estereotipos, xuízos e prexuízos sociais,  entendendo a  protección social como  dereito.
      • Intervención nun contexto de axuda e acompañamento real, minimizando  prácticas de control e erradicando as de persecución e criminalización do  empobrecemento das persoas.
      • Interdisciplinariedade para garantir a calidade da intervención.



Contacto Prensa: Miguel Fernández (662-307019)


FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com