Mostrando entradas con la etiqueta Manolo Sáez Bayona. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manolo Sáez Bayona. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de diciembre de 2016

Vídeos do coloquio "Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais"

Para todas aquelas persoas que non puideran asistir ao interesantísimo coloquio que protagonizou Manolo S. Bayona, e que tiña por título "Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais", temos unha gran noticia: fomos quen de grabar cunha calidade bastante decente en vídeo este evento, e deixámolo na nosa canle de Youtube a disposición de todas aquelas persoas que o queran ver.

Adiantamos que, máis aló de centrarse concretamente na problemática migrante, serviu para abordar a situación actual das persoas en situación máis vulnerable, o contexto neoliberal no que vivimos, e as posibilidades que temos de mudar as cousas e conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria, da que o centro sexa o ser humano, e non o diñeiro nin o traballo.







Primeira parte: https://www.youtube.com/watch?v=wjqhPXwGWQg
 



Segunda parte: https://www.youtube.com/watch?v=P21s_f9ClR4



martes, 13 de diciembre de 2016

Mércores 14 de decembro - Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais” con Manolo Bayona

Este mércores 14 de decembro, ás 19:00h, no Ateneo Ferrolán terá lugar o coloquio "Fronteiras invisibeis e dereitos sociais", enmarcado dentro das actividades que se celebrarán para conmemorar a Semana de Loita Contra as Fronteiras que organizamos dende o Foro Galego de Inmigración, e que este ano terá lugar entre o 14 de o 17 de decembro.



Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.  Para abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa participación de Manolo S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión. O obxectivo deste acto será tratar o tema das barreiras no dereito a vivir dignamente e someter a unha análise crítica as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal.

Manolo Sáez Bayona (1954), nado en A Coruña pero desde hai anos en movemento polas estradas do Estado, ás veces cruzando tamén o Atlántico para percorrer terras americanas. Traballador social de título, pero sobre todo persoa inqueda que dende hai máis de trinta anos participa en Baladre, na coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Formador, locutor de radio, escritor... pero sobre todo “coidador” de persoas e procesos que desde abaixo pulan por posibilitar a vida en medio do capitalismo. Unha das ferramentas que as baladrinas como Manolo levan no saco para tentar parir outros mundos é a Renda Básica das iguais.

Para saber máis do noso convidado, recomendamos que vexades a entrevista realizada por Galicia Ano Cero, accesible na seguinte URL: https://vimeo.com/130728582