Mostrando entradas con la etiqueta Rolda de prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rolda de prensa. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de diciembre de 2016

Presentación da Semana de Loita Contra as Fronteiras 2016 - do 14 ao 17 de decembro

Este luns 12 de decembro o Foro Galego de Inmigración - Ferrolterra fixo a presentación da celebración da Semana de Loita Contra as Fronteiras nunha rolda de prensa que tivo lugar na Galería Sargadelos ás 12h, e á que asistiron varios medios de comunicación.

A continuación compartimos o texto o que se deu lectura, coas motivacións para celebrala neste ano 2016 e os actos que se organizarán para conmemorala:





14 a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras

Ningunha persoa sen dereitos!”



O Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas municipais. Convocan a unha manifestación contra as fronteiras e as políticas migratorias o sábado 17 as 12hs na Praza do Toural.



Cada ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.



Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.



En anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012 ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando as empresas aéreas. Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.



Con bastante frecuencia vimos denunciando as trabas que se dan no ámbito da educación e da atención sanitaria. A súa vez, no eido laboral temos un brutal exemplo de fronteira institucional-administrativa representado na situación das traballadoras do fogar, maioritariamente mulleres migradas, sometidas a condicións de explotación e discriminación no acceso a dereitos tan elementais como a prestación por desemprego.



No entanto hai outra dimensión na que tamén se instauran fronteiras entre veciñas dunha mesma comunidade. Entendemos que pouco se ten tratado a situación das persoas migrantes en relación aos dereitos sociais desde unha posición de xustiza e equidade. O que si teñen abundado son os discursos xenófobos que explotan mitos interesados e falsos sobre o colapso de servizos públicos e o acceso preferencial a axudas. Mentiras que teñen como obxectivo fracturar e crear un inimigo interno, ao mesmo tempo en que aboan o terreo para o avanzo do fascismo máis descarnado.



Seguiremos a combater tales discursos e reivindicar o dereito a vivir dignamente de todas as persoas, así como denunciar a exclusión das persoas migrantes en situación irregular de practicamente todas as prestacións sociais como é o caso da RISGA ou das axudas de emerxencia social.



No caso das persoas comunitarias, o pasado ano xunto a Oficina de Dereitos Sociais de Coia denunciamos os atrancos que lles impuxo a Lei de Inclusión Social de Galicia, amosando que no labirinto institucional tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.





Só moi recentemente e debido ao traballo de incidencia do Foro Galego da Inmigración ampliouse o dereito a acceder ás rendas municipais a aquelas persoas en situación irregular que reúnan os requisitos. Aínda así, consideramos que estas prestacións constitúen ferramentas moi febles e insuficientes para facer fronte ás necesidades básicas dunha poboación cada vez máis depauperada.



Entendemos que a exclusión nos dereitos sociais e a imposibilidade de garantir a satisfacción de necesidades como alimentación, vivenda e suministros, funciona como unha panca para a subordinación e a explotación laboral a que é sometida a poboación migrante.



Esta circunstancia se ve agravada pola aplicación dunha Lei de Estranxeiría profundamente restritiva e discrecional, conducindo a millares de persoas con contrastable arraigo a situacións de irregularidade sobrevida e a deportacións sumarias. Recentemente mobilizámonos para denunciar a deportación dun mozo veciño de Compostela, que levaba 14 anos convivindo entre nós e mesmo chegara a estar tutelado pola Xunta de Galicia durante catro anos.



Para abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa participación de Manolo S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión, e con profesionais do ámbito dos servizos sociais e inclusión.



A través de charlas en distintas localidades e dun conversatorio, trataremos as barreiras no dereito a vivir dignamente e someteremos a un análise crítico as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal.



Programa de actividades da Semana de Loita contra as Fronteiras:



MÉRCORES 14. FERROL

19hs. Ateneo Ferrolán. Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)



VENRES 16. CORUÑA.

20hs. Asociación Viraventos. Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 20hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).



SÁBADO 17. COMPOSTELA

12hs. Praza do Toural. Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias: Solidariedade!



18hs. CTC San Roque. Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.



SÁBADO 17, FERROL

11:30hs. Ateneo Ferrolán. Acto Conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes. Farase a proxección dun documental e posteriormente abrirase unha mesa redonda na que participarán Xabier Ron -Esquerda Unida- e Maite Bustamante -avogada-.



Ademáis, queremos anunciar que o Concello de Ferrol comprometeuse a pendurar na fachada do pazo municipal unha faixa da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas para sumarse á conmemoración do Día Internacional das Persoas Migrantes. Aproveitamos para agradecer en especial á concelleira de Inmigración, Saínza Ruíz, pola súa disposición a colaborar con nos. Lamentamos non poder contar coa súa presenza nesta rolda de prensa, pero lle era imposible por motivos de axenda.



Tamén queremos aproveitar a rolda de prensa para sumarnos á convocatoria a nivel estatal pola que se realizarán hoxe, 12 de decembro, mobilizacións contra a guerra en Síria baixo o lema “Siria. No a la guerra. STOP WAR”, e que terán lugar en 29 cidades. A máis cercana, na Coruña, entre as 18:30h e as 20:00h no Obelisco do Cantón Grande.

domingo, 11 de diciembre de 2016

Rolda de Prensa - Luns 12 de decembro, 12:00h, Galería Sargadelos (Ferrol)

Dende o Foro Galego de Inmigración - Ferrolterra, convocamos este luns 12 de decembro, ás 12:00h, na Galería Sargadelos de Ferrol, unha rolda de prensa para presentar a Semana de Loita Contra as Fronteiras deste ano 2016.

Convidámosvos a participar nesta rolda de prensa, coa fin de dar apoio a esta iniciativa e darlle visibilidade ante os medios de comunicación




14 a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras
Ningunha persoa sen dereitos!”

O Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas municipais.

Cada ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.
Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.
En anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012 ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando as empresas aéreas.
Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.

Ademáis anunciaremos que o Concello de Ferrol accedeu a pendurar da fachada do Concello unha pancarta da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas durante toda a semana para conmemorar este feito.

Programa de actividades da Semana de Loita contra as Fronteiras en Galicia:

MÉRCORES 14. FERROL
Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

VENRES 16. CORUÑA.
Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 20hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).

SÁBADO 17. COMPOSTELA
12hs. Praza do Toural. Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias: Solidariedade!
18hs. CTC San Roque. Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.

SÁBADO 17, FERROL
11:30hs. Ateneo Ferrolán. Acto Conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes. Farase a proxección dun documental e posteriormente abrirase unha mesa redonda na que participarán Xabier Ron -Esquerda Unida- e Maite Bustamante -avogada-.