Facémonos eco do comunicado de prensa realizado polo Foro Galego de Inmigración en relación ao proxecto de decreto de desenvolvimento da RISGA publicado pola Xunta de Galicia hai poucos días, nunhas datas como son as estivais nas que é complicado poder
dar unha resposta axeitada nun prazo breve.
Comunicado de prensa
“FAGAMOS DA RISGA UN VERDADEIRO DEREITO”
DENUNCIA PÚBLICA: GRAVÍSIMO INCUMPRIMENTO DA XUNTA DE GALICIA COA PÚBLICACIÓN NO DOG, POR SORPRESA E NO MES DE AGOSTO DO DECRETO SOBRE A RISGA (CUN PRAZO DE 15 DÍAS HÁBILES), FURTANDO ASÍ UN DEBATE PÚBLICO IMPRESCINDIBLE AO CONXUNTO DA CIDADANÍA E AS ENTIDADES SOCIAIS GALEGAS
Esta denuncia proven do compromiso que o Foro e alomenos o resto de 18 organizacións asinantes do ACORDO COLECTIVO DE ESIXENCIA DE GARANTÍAS BÁSICAS NO RELATIVO AO PROXECTO DE DECRETO DE DESENVOLVEMENTO DA LEI 10/2013, DO 27 DE NOVEMBRO,
DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA, NO RELATIVO Á TRAMITACIÓN DA RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA E DAS AXUDAS DE INCLUSIÓN presentando o pasado mes de maio, tiñan de que antes desta publicación ou que a mesma sería comunicada ao conxunto
de entidades sociais de Galicia (alomenos ás que presentamos Alegacións á Proposta Inicial da Xunta, como é o caso das asinantes deste Acordo) para que puidera establecerse un debate amplo sobre este tema fundamental para as políticas sociais de Galicia.
Lamentablemente non houbo información e empregase o caloroso e case inhabil mes de agosto para furtar este debate á cidadanía en xeral e as organización sociais galegas..
Como resposta o Foro Galego de Inmigración presentará as propostas do Acordo, respaldadas por: “Foro Galego de Inmigración, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), Asociación
ONG Viraventos, Proserso, SOS Racismo, Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo), Asociación Boa Vida, Asociación Plataforma Polo Emprego, Baladre (Coordinación c contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión)
Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela, Coordenadora de Crentes Galegos, Esquerda Unida, BNG, Compostela Aberta, En Marea, CUT “, de novo á Xunta de Galicia e insta ao resto de organizacións a facer o mesmo para manter nos próximos
meses o debate público que procedimentalmente a Xunta pretende evitar desta forma tan lamentable.
O ACORDO (vai como anexo o texto completo) pretende en sintese :
A reformulación do proxecto de decreto da Risga e da propia Lei de inclusión social en base ao exposto neste documento.
Que as organizacións e colectivos asinantes poidamos participar activamente e con carácter vinculante no proceso de reformulación do proxecto e no procedemento de audiencia unha vez estudadas as correspondentes alegacións
En concreto, O Acordo estruturase en seis partes que revíndican unha Risga.
Garantida e informada, coa esixencia dunha carteira de servizos accesible mediante a elaboración dunha “carta de servizos” que a cidadanía poida consultar para coñecer os recursos, servizos e prestacións do sistema social.
Como Dereito cidadá e non como subsidio condicionado. Esiximos un modelo de RISGA como dereito e non como prestación graciable que parta da dignidade da persoa e non criminalice a pobreza, polo tanto :
Ao que poidan acceder calquera persoa empadroada en territorio galego (eliminar o requisito de “residencia legal”).
Sin as actuais limitacións de idade, (suprimir a franxa de idade 25-65 anos).
Con posibilidade. de percibir máis dunha Risga no mesmo domicilio.
Eliminando o criterio de “familiares obrigados a prestar alimentos”.
Suficiente e Digna: esiximos unha RISGA suficiente para garantir unha existencia digna e a participación na sociedade como elemento básico de inserción social, por iso, é imprescindible
Aumento das contías para garantir o principio de suficiencia e dignidade na satisfacción das necesidades básicas. Seguindo as indicacións do Comité Europeo de Dereitos Sociais en relación ás remuneracións suficientes para garantir
un nivel de vida digno se debería estar contemplando contías de Risga que representasen o 60% do salario medio, o que en Galicia suporía duplicar a actual contía de 403,38 euros establecida para unha persoa.
Eliminación de incompatibilidades con ingresos escasos procedentes de contratos precarios, prestacións e outras axudas públicas.
Accesible e eficaz: defendemos un modelo de RISGA eficiente e áxil, sen burocratizacións innecesarias, co obxecto de que cumpra o seu cometido na maior brevidade posible, polo tanto:
Simplificación do procedemento e, en todo caso, cumprimento dos tempos de tramitación (tempo máximo de tres meses dende a entrada da solicitude no Concello correspondente).
Informe Social como elemento vinculante e prioritario, por riba do número inxente de documentos que se solicitan, cun modelo de “xanela única” e de dixitalización de documentos que axilizen todo o proceso.
Individualizada e Respectuosa: defendemos unha RISGA garantista cos dereitos individuais e respectuosa co proxecto de vida escollido pola persoa, por iso:
Valoración principal de acceso relativa á situación de empobrecemento económico e falta de recursos efectivos. Eliminando por tanto os requisitos de “factor de exclusión” e “desemprego”.
Criterios individualizados.
Coñecemento e consenso no proxecto de inclusión. Facilitar o acceso ao mesmo.
Efectiva e Sostible, para iso, compre:
Coordinación entre administracións. Obxectividade e uniformidade de criterios. -
Reforzo e formación continua do persoal implicado en todo o procedemento, garantindo a presencia de profesionais do traballo social, entre outros profesionais nas unidades de tramitación. Criterios técnicos das profesionais implicadas
na tramitación e supervisión dos procedementos. Superación de estereotipos, xuízos e prexuízos sociais, entendendo a protección social como dereito.
Intervención nun contexto de axuda e acompañamento real, minimizando prácticas de control e erradicando as de persecución e criminalización do empobrecemento das persoas.
Interdisciplinariedade para garantir a calidade da intervención.
Compartimos este comunicado que nos llega de Fadile Chami, activista Siria por los derechos humanos residente en A Coruña, y presidenta de la asociación sirio-gallega SAWT.
Foto extraída de https://www.dw.com/es/onu-insta-a-jordania-a-abrir-fronteras-a-sirios-que-huyen-de-la-guerra/a-44510110
Somos un grupo de voluntarios dentro y fuera de Siria, estamos tratando de poner remedio a la trágica realidad para las personas desplazadas de las ciudades y pueblos del sur de Siria en Daraa hacia la franja fronteriza.
Están en las áreas de reunión de personas desplazadas, que han llegado a cientos de miles de personas huyendo de la guerra que viven a la intemperie sin la menor posibilidad de sobrevivir.
Intentamos presentar una ayuda para ellos a través de donaciones para garantizar necesidades como agua potable y construcción de aseos para más de 250 mil civiles que huyen de la muerte y están esparcidos en la frontera con Israel, Jordania y Quneitra. También necesitan carpas ya que viven prácticamente en el desierto desde hace ya varios día, es por ello que necesitan alimentos básicos, leche para niños, medicamentos básicos y vacunas antiveneno contra mordeduras de serpientes y picaduras de escorpiones.
Este es nuestro plan en la primera fase para afrontar esta repentina y sorprendente realidad. No podemos dar ningún paso nosotros solos, necesitamos apoyo moral y económico para lograr lo propuesto.
Estamos realizando actualmente una campaña para la colecta de dinero bajo la asociación UOSSM, ente internacional bajo la supervisión de médicos sirios, su presidente es médico sirio de Daraa, se encarga de los asuntos humanos en Horan.
Todas las donaciones se realizan a la cuenta bancaria de esta asociación.
Estamos muy agradecidos por las donaciones que a través de la asociación se hacen llegar a Daraa.
Rogamos de ser posible enviarnos el comprobante de la donación.
La donación debe realizarse por transferencia bancaria usando los siguientes datos:
Destinatario: UOSSM Germany e.V. Banco:
Bank für Sozialwirtschaft AG IBAN:
DE61 1002 0500 0001 5562 00 BIC:
BFSWDE33BER Motivo: Daraa
A continuación compartimos un audio que hemos recibido de Fadile explicando con sus propias palabras la situación:
Si tu navegador no soporta HTML5, pulsa el siguiente enlace para escuchar el audio:[Audio]
A poucos días de rematar o 2017 publicóuse o decreto que desenvolve a aplicación da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) con un escasa marxe para presentar alegacións ou coordinar accións por parte dos colectivos e organizacións que traballamos no eido dos dereitos sociais.
Imaxe de acción de EAPN Galiza - http://praza.gal/economia/15754/a-xunta-inicia-con-tres-anos-e-medio-de-atraso-a-tramitacion-do-decreto-que-regula-a-risga/
Malia iso, pensamos que quedan uns meses ata a aprobación do decreto e que as actuacións incluidas no mesmo, debido a repercusión negativa que ha ter sobre a vida de personas en situación de vulnerabilidade, xustifican a coordinación do tecido asociativo comprometido coa xustiza social.
Para poñer en comúns as análises e alegacións realizadas e elaborar propostas concretas de incidencia política e social o Foro Galego da Inmigración CONVÍDAVOS a unha xornada de traballo o sábado 17 de marzo, en horario de 11 a 14hs no CSC de Fontiñas en Compostela.
Entre os obxectivos da xuntanza estaría:
coñecer o traballo de análise e alegacións ao decreto que fixemos en cada colectivos
tratar de chegar a un consenso sobre os puntos que debería incorporar o decreto
elaborar unha declaración conxunta para tratar de incidir no debate público e no proceso de aprobación do decreto
outras accións de incidencia que consideremos oportunas
Co fin de mellor organizar a xornada pedímovos que confirmedes a participación no email ou teléfono:
Ola Compañeiros e Compañeiras, ¿que tal o verán? Para comezar o curso, tal e como quedamos no Encontro de A Coruña. convocamos XUNTANZA DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN para o sábado día 16 de setembro do 2017 ás 11:00 h en FERROL (OLLO, ROMPEMOS O CENTRALISMO COMPOSTELÁ) no ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena nº 202) para rematar sobre ás 13:00 h.
A Proposta de orde do día sería (con posibilidade, coma sempre, de incorporar calquer outro tema) :
Informacións sobre cuestións varias: Rede Galega en Defensa da Saúde. Rede Galega en Defensa das Persoas Refuxiadas. Outras actuacións e actividades (Festival Intercultural en Compostela o domingo 10 de setembro).
Deseño de actuacións para o curso 2017/2018, tendo en conta os acordos do Encontro de A Coruña en Xuño. Propostas no ámbito da Comunicación (dun grupo do Foro de Compostela que traballou no verán neste ámbito)
Informacións, preguntas, suxestións, propostas, etc.
AGRADECEMOS QUE CONFIRMEDES A VOSA PARTICIPACIÓN NA XUNTANZA
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142 http://www.forogi.wordpress.com
¡Estamos de noraboa! O pasado luns recibimos comunicación do Seminario Galego de Educación para a Paz para informar que acordaran concedernos ao Foro Galego de Inmigración o seu premio anual: o coñecido, e prestixioso, premio PORTAPAZ, que se entrega pola defensa dos valores que se corresponden cunha cultura de Paz.
O acto de entrega será o vindeiro venres día 27 de xaneiro, ás 19:30h no auditorio da Obra Social ABanca, na Praza de Cervantes, Santiago de Compostela. O premio non ten dotación económica, pero sí un importante valor simbólico.
Tras o acto do pasado 14 de decembro sobre Renda Básica que protagonizou Manolo S. Bayona, da Coordinadora Baladre, no Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra tendemos cabos coa xente de Baladre e a Asemblea Aberta de Coia. Dos primeiros froitos desta relación é servir de anfitrións en Ferrol a un acto que están a promover estas dúas organizacións para dar visibilidade aos problemas da veciñanza co Concello de Vigo, e en concreto os sucesos que aconteceron durante a loita veciñal para evitar a custosísima instalación na rotonda de Coia do buque Alfageme. Un acto que terá lugar o vindeiro luns 9 de xaneiro, ás 19:00h, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
A continuación compartimos o texto da convocatoria, e convidámosvos a participar nela:
8 ao 14 de xaneiro
Semana solidaria coa loita na rotonda de Coia – Diego Absolución!
A
Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o
paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos unha semana de
palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia
que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”. A
xira procura sumar apoios a Diego Lores, unha das persoas represaliadas
pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha
rotonda deste barrio vigués. O 17 de xaneiro celebrarase o xuízo. Este ciclo de palestras, irán acompañadas da proxección da curta #MoitoPeixeRompeARede que repasa os meses de conflito. Con
estas actividades queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións
veciñais na defensa do ben común, da vida. Coñecer as resistencias das
que visualizan a inxustiza existente tras a cidade capitalista. Coñecer
as arelas daquelas que pulan por colocar a vida e os dereitos sociais de
todas no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como
ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social. Para
tratar estes temas contaremos con persoas que participaron en
diferentes loitas para contarnos as súas experiencias e tecer redes na
defensa do que é de todas.
Convidámosvos a participar este sábado 17 de decembro, dende as 11:00h, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, nun acto conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes, que se celebra o 18 de decembro.
O acto comezará coa proxección do documental "Astral", que amosa as tribulacións da ONGD Proactiva Open Arms para fletar un buque entregado en doazón co que rescatar ás persoas que fuxen dos conflictos en oriente medio a través do Mediterraneo.
A continuación faremos unha pequena presentación do significado da data a conmemorar e realizaremos un pequeno resumo das accións nas que participou o Foro Galego de Inmigración neste 2016.
Tras esta introducción, daremos paso a unha mesa redonda protagonizada polas seguintes convidadas:
Xabier Ron: membro de Esquerda Unida, ex-membro do grupo parlamentar de AGE. Vencellado ás reivindicacións do movemento migratorio de Galicia é membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa creación.
Maite Bustamante: avogada e colaboradora do Foro Galego de Inmigración
Saínza Ruíz: concelleira de migracións do Concello de Ferrol.
Nesta mesa as convidadas expoñerán a súa perspectiva da situación actual dentro dos movementos migratorios e logo abrirase unha rolda de preguntas para permitir a participación do público.
Para todas aquelas persoas que non puideran asistir ao interesantísimo coloquio que protagonizou Manolo S. Bayona, e que tiña por título "Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais", temos unha gran noticia: fomos quen de grabar cunha calidade bastante decente en vídeo este evento, e deixámolo na nosa canle de Youtube a disposición de todas aquelas persoas que o queran ver.
Adiantamos que, máis aló de centrarse concretamente na problemática migrante, serviu para abordar a situación actual das persoas en situación máis vulnerable, o contexto neoliberal no que vivimos, e as posibilidades que temos de mudar as cousas e conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria, da que o centro sexa o ser humano, e non o diñeiro nin o traballo.
O Concello de Ferrol súmase á celebración do Día Internacional das Persoas Migrantes, e como mostra simbólica desa adhesión aceptou pendurar na fachada do pazo municipal a faixa que empregamos nas mobilizacións da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.
Dende aquí, o noso agradecemento ao Concello de Ferrol, e en especial, á concelleira de migracións e asuntos sociais, Saínza Ruíz.
Dende este xoves 15 de decembro, a partir das 11 da mañá haberá unha
campaña a nivel estatal en Twitter sobre migración e refuxio
coincidindo co último Consello Europeo do ano, que debaterá sobre esta
temática.
Chéganos esta proposta de participación dende a Coordinadora Estatal de ONGD.
Este mércores 14 de decembro, ás 19:00h, no Ateneo Ferrolán terá lugar o coloquio "Fronteiras invisibeis e dereitos sociais", enmarcado dentro das actividades que se celebrarán para conmemorar a Semana de Loita Contra as Fronteiras que organizamos dende o Foro Galego de Inmigración, e que este ano terá lugar entre o 14 de o 17 de decembro.
Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión. Para abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa participación de Manolo S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión. O obxectivo deste acto será tratar o tema das barreiras no dereito a vivir dignamente e someter a unha análise crítica as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal.
Manolo Sáez Bayona (1954), nado en A Coruña pero desde hai anos en
movemento polas estradas do Estado, ás veces cruzando tamén o Atlántico
para percorrer terras americanas. Traballador social de título, pero
sobre todo persoa inqueda que dende hai máis de trinta anos participa
en Baladre, na coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a
exclusión social. Formador, locutor de radio, escritor... pero sobre
todo “coidador” de persoas e procesos que desde abaixo pulan por
posibilitar a vida en medio do capitalismo. Unha das ferramentas que as
baladrinas como Manolo levan no saco para tentar parir outros mundos é a
Renda Básica das iguais.
Este luns 12 de decembro o Foro Galego de Inmigración - Ferrolterra fixo a presentación da celebración da Semana de Loita Contra as Fronteiras nunha rolda de prensa que tivo lugar na Galería Sargadelos ás 12h, e á que asistiron varios medios de comunicación.
A continuación compartimos o texto o que se deu lectura, coas motivacións para celebrala neste ano 2016 e os actos que se organizarán para conmemorala:
14
a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras
“Ningunha
persoa sen dereitos!”
O
Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a
prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as
recen implantadas rendas municipais. Convocan a unha manifestación
contra as fronteiras e as políticas migratorias o sábado 17 as 12hs
na Praza do Toural.
Cada
ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día
Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e
criminalizador das políticas migratorias.
Nesas
datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur,
senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e
exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de
nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.
En
anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de
Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o
Real Decreto 16/2012
ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando
as empresas aéreas. Desta volta, escollemos examinar un dispositivo
moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras
institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando
as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.
Con
bastante frecuencia vimos denunciando as trabas que se dan no ámbito
da educación e da atención sanitaria. A súa vez, no eido laboral
temos un brutal exemplo de fronteira institucional-administrativa
representado na situación das traballadoras do fogar,
maioritariamente mulleres migradas, sometidas a condicións de
explotación e discriminación no acceso a dereitos tan elementais
como a prestación por desemprego.
No
entanto hai outra dimensión na que tamén se instauran fronteiras
entre veciñas dunha mesma comunidade. Entendemos que pouco se ten
tratado a situación das persoas migrantes en relación aos dereitos
sociais desde unha posición de xustiza e equidade. O que si teñen
abundado son os discursos xenófobos que explotan mitos interesados e
falsos sobre o colapso de servizos públicos e o acceso preferencial
a axudas. Mentiras que teñen como obxectivo fracturar e crear un
inimigo interno, ao mesmo tempo en que aboan o terreo para o avanzo
do fascismo máis descarnado.
Seguiremos
a combater tales discursos e reivindicar o dereito a vivir dignamente
de todas as persoas, así como denunciar a exclusión das persoas
migrantes en situación irregular de practicamente todas as
prestacións sociais como é o caso da RISGA ou das axudas de
emerxencia social.
No
caso das persoas comunitarias, o pasado ano xunto a Oficina de
Dereitos Sociais de Coia denunciamos os atrancos que lles impuxo a
Lei de Inclusión Social de Galicia, amosando que no labirinto
institucional tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de
racismo e xenofobia.
Só
moi recentemente e debido ao traballo de incidencia do Foro Galego da
Inmigración ampliouse o dereito a acceder ás rendas municipais a
aquelas persoas en situación irregular que reúnan os requisitos.
Aínda así, consideramos que estas prestacións constitúen
ferramentas moi febles e insuficientes para facer fronte ás
necesidades básicas dunha poboación cada vez máis depauperada.
Entendemos
que a exclusión nos dereitos sociais e a imposibilidade de garantir
a satisfacción de necesidades como alimentación, vivenda e
suministros, funciona como unha panca para a subordinación e a
explotación laboral a que é sometida a poboación migrante.
Esta
circunstancia se ve agravada pola aplicación dunha Lei de
Estranxeiría profundamente restritiva e discrecional, conducindo a
millares de persoas con contrastable arraigo a situacións de
irregularidade sobrevida e a deportacións sumarias. Recentemente
mobilizámonos para denunciar a deportación dun mozo veciño de
Compostela, que levaba 14 anos convivindo entre nós e mesmo chegara
a estar tutelado pola Xunta de Galicia durante catro anos.
Para
abordar as fronteiras no acceso a dereitos sociais contaremos coa
participación de Manolo
S. Bayona, integrante da Coordinación Baladre de Loitas contra a
precariedade, o empobrecemento e a exclusión,
e con profesionais do ámbito dos servizos sociais e inclusión.
A
través de charlas en distintas localidades e dun conversatorio,
trataremos
as barreiras no dereito a vivir dignamente e someteremos a un análise
crítico as rendas municipais
e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social
Municipal.
Programa
de actividades da
Semana de Loita contra as Fronteiras:
MÉRCORES
14. FERROL
19hs.
Ateneo Ferrolán.
Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo
S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa
Magdalena nº 202-204)
VENRES
16.
CORUÑA.
20hs.
Asociación Viraventos.
Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo
S. Bayona (Coordinación Baladre). 20hs. Asociación Viraventos (R/
Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).
SÁBADO
17. COMPOSTELA
12hs.
Praza do Toural.
Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias:
Solidariedade!
18hs.
CTC San Roque.
Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e
dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.
SÁBADO
17, FERROL
11:30hs.
Ateneo Ferrolán.
Acto Conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes.
Farase a proxección dun documental e posteriormente abrirase unha
mesa redonda na que participarán Xabier Ron -Esquerda Unida- e Maite
Bustamante -avogada-.
Ademáis,
queremos anunciar que o Concello de Ferrol comprometeuse a pendurar
na fachada do pazo municipal unha faixa da Rede Galega en Apoio ás
Persoas Refuxiadas para sumarse á conmemoración do Día
Internacional das Persoas Migrantes. Aproveitamos para agradecer en
especial á concelleira de Inmigración, Saínza Ruíz, pola súa
disposición a colaborar con nos. Lamentamos non poder contar coa súa
presenza nesta rolda de prensa, pero lle era imposible por motivos
de axenda.
Tamén
queremos aproveitar a rolda de prensa para sumarnos á convocatoria a
nivel estatal pola que se realizarán hoxe, 12 de decembro,
mobilizacións contra a guerra en Síria baixo o lema “Siria. No a
la guerra. STOP WAR”, e que terán lugar en 29 cidades. A máis
cercana, na Coruña, entre as 18:30h e as 20:00h no Obelisco do
Cantón Grande.
Dende o Foro Galego de Inmigración -
Ferrolterra, convocamos este luns 12 de decembro, ás 12:00h, na Galería
Sargadelos de Ferrol, unha rolda de prensa para presentar a Semana de
Loita Contra as Fronteiras deste ano 2016.
Convidámosvos
a participar nesta rolda de prensa, coa fin de dar apoio a esta
iniciativa e darlle visibilidade ante os medios de comunicación
14 a 17 Decembro Semana de Loita
Contra as Fronteiras
“Ningunha persoa sen
dereitos!”
O Foro Galego da Inmigración
aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais,
informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas
municipais.
Cada ano ano adicamos os días
próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para
denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas
migratorias.
Nesas datas non só amosamos as
vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de
visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas
migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e
cidades que habitamos.
En anteriores edicións abordamos a
realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión
sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012
ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando
as empresas aéreas.
Desta volta, escollemos examinar un
dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as
fronteiras institucionais
que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas
migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión.
Ademáis anunciaremos que o Concello de Ferrol accedeu a
pendurar da fachada do Concello unha pancarta da Rede Galega en Apoio ás
Persoas Refuxiadas durante toda a semana para conmemorar este feito.
Programa de actividades da
Semana de Loita contra as Fronteiras en Galicia:
MÉRCORES 14. FERROL
Colóquio “Fronteiras invisíbeis
e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre).
19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)
VENRES 16.
CORUÑA.
Colóquio “Fronteiras invisíbeis
e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre).
20hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).
SÁBADO 17. COMPOSTELA
12hs. Praza do Toural.
Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias:
Solidariedade!
18hs. CTC San Roque.
Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e
dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.
SÁBADO 17, FERROL
11:30hs. Ateneo Ferrolán.
Acto Conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes. Farase a
proxección dun documental e posteriormente abrirase unha mesa redonda
na que participarán Xabier Ron -Esquerda Unida- e Maite Bustamante
-avogada-.
Dende a Plataforma Comarcal de Ferrolterra da Rede Galega Apoio ás Persoas Refuxiadas chamamos á participación na manifestación convocada para o día 19 de xuño ás 12:00h. A saída terá lugar da Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta, zona Praza de España), rematando na Praza do Cantón.
Que denunciamos?
A coñecida como crise das persoas refuxiadas é, en realidade, unha crise humanitaria, resultado dunha sucesión de conflitos armados, guerras e inxerencias externas e da ausencia total de responsabilidade por parte dos nosos gobernos, quen responde coa mesma lóxica das concertinas en Melilla ou da violación continúa de dereitos humanos nos CIE. Estamos ante unha crise de humanidade e solidariedade. Unha barbarie.
Mediante o acordo entre a UE e Turquía asínase a expulsión de tódalas persoas chegadas irregularmente ás costas gregas a cambio de traer dende Turquía outras tantas. A expulsión farase sen importar a idade, a nacionalidade, as súas circunstancias persoais ou o motivo que lles obrigou a estas persoas a fuxir do seu país. O acordo é inmoral pero tamén ilegal, a súa aplicación práctica vulnera a normativa europea e internacional. Se non se reverte a situación agravarase e seguirá poñendo en perigo ás persoas, especialmente aos colectivos máis vulnerables, moi especialmente nenos e nenas, mulleres e persoas enfermas ou con diversidade funcional.
Por isto esiximos a súa derogación e a garantía de rutas legais e seguras sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais, directivas e regulamentos europeos en materia de asilo e refuxio; e o respecto dos dereitos humanos nas fronteiras.
Que demandamos?
Ante esta grave situación demandamos ao goberno estatal, á Xunta de Galicia e aos gobernos locais:
A ampliación e axilización do sistema de asilo para as persoas que xa están no Estado español e en Galicia pendentes de ser atendidas.
Aumentar a sensibilidade á hora de dar resposta ás persoas que non poden acceder ao sistema de acollida porque está colapsado.
Asumir a súa responsabilidade coma garantes dos dereitos das persoas refuxiadas, poñendo recursos á disposición destas e recuperando os fondos destinados á cooperación ao desenvolvemento e atención á poboación de orixe estranxeira.
Revisar profundamente a política migratoria e exterior europea, que dilapida os nosos cartos nunha infraestrutura de vixilancia, disuasión, intimidación e violencia.
Que actúen sobre os problemas de orixe: adoptando medidas para loitar conta as desigualdades, reducir a pobreza e previr os conflitos armados nas zonas de orixe.
Quen somos?
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas fórmase por persoas a título individual, colectivos e organizacións diversas que xuntámonos para sumar forzas e voces que axuden a parar esta barbarie, denunciar e mudar as políticas vergoñentas e loitar pola defensa dunha vida que mereza a pena ser vivida.
A Rede a día de hoxe, conta con plataformas en: A Coruña, A Guarda, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. Máis info en: www.rederefuxiadas.org ou @GalRefuxiadas
Que podo facer eu?... Algunhas ideas
Fórmate e informa. Colabora en difundir a realidade que están a vivir as persoas refuxiadas e os motivos desta crise. Podes facer traballo educativo na escola, no tempo libre, na túa casa… pois todas as persoas temos que saber o que está a pasar.
Esixe aos diferentes partidos e administracións que fagan presión para que se atenda e acolla ás persoas refuxiadas e que os teus impostos sirvan para axudalas. Organízate para que se presenten mocións no teu concello e para que a Xunta se posicione.
Infórmate ben sobre as organizacións ás que queres facer doazóns materiais para asegurar que a túa axuda chega a organizacións profesionais, transparentes, con presenza no terreo e capacidades efectivas para prestar unha axuda eficaz. Sempre que sexa posible a axuda debe prestarse aproveitando os recursos locais e rexionais para evitar os custes adicionais (ambientais e financeiros) de facer envíos e para favorecer a economía local e rexional.
Colabora como socia/o, voluntaria/o, activista ou ciberactivista. Apoia campañas de denuncia das actuais políticas migratorias e de asilo; implícate en organizacións especializadas que xa están a traballar en Galicia con persoas refuxiadas ou que agardan ese recoñecemento; ou con calquera organización que traballe en cooperación internacional ou defensa da paz e os dereitos humanos.
Infórmate se está previsto que cheguen persoas refuxiadas ao teu concello. Algúns municipios están a coordinar a acollida con organizacións, e a cidadanía é imprescindible no acompañamento destas persoas.
Fai donativos económicos ás organizacións especializadas que traballan nos países de primeira acollida, de tránsito ou aquí. Moito mellor facerse socia e socio, pois as axudas regulares permiten planificar e organizarse mellor así como xestionar o traballo en función das necesidades detectadas en cada momento.
Recorda: a solidariedade efectiva sempre é de longa duración. As persoas refuxiadas tamén necesitan o noso apoio e a nosa atención cando non son noticia.
Como saberedes, o pasado 11 de xuño celebrabamos un acto no Ateneo Ferrolán que servía como peche da Campaña contra os Voos de Deportación, así como para facer a asemblea anual do Foro Galego de Inmigración.
Un acto que pola mañá contou coa presenza de representantes de varios dos colectivos que se adheriron a esta campaña, e que interviñeron para amosar o seu rexeitamento aos voos de deportación.
O acto tivo boa cobertura en prensa, tal e como amosan as seguintes noticias:
Estamos traballando para publicar todo o material videografico que obtivemos durante a celebración destes actos. Para ir abrindo boca, deixámosvos unha ligazón ao album fotográfico deste evento coas primeiras fotos que nos foron chegando
O Foro Galego de Inmigración, contando co apoio do Concello de Ferrol, desenvolve este sabado día 11 de Xuño o seu ENCONTRO/ASEMBLEA ANUAL EN FERROL nos locais do Ateneo Ferrolán cunha ampla participación de representantes das asociacións , entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración. .
Nese Encontro terá lugar en primeiro lugar:
Ás 11: 30 h. o Acto Público Final da Campaña, que vimos desenvolvendo con diferentes actividades por toda Galicia dende o mes de Febreiro, CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA., que contará con destacados representantes de diferentes institucións , entidades, partidos políticos, sindicatos, e asociacións, máis de medio centenar que apoíaron formalmente esta Campaña. Entre os que salientamos, Estrela Gómez (AGAMME)Iria Fandiño (Secretariado Xitano),
Leticia Castro (Colexio Oficial de Educadores Socias de Galicia ), Alberto Vizoso (CUT), Karlotti, Beatriz Dorrio, Pedro Ferrandiz (representantes do mundo da cultura e da educación), Xabier Ron (Deputado de AGE), Beatriz Sestayo e o propio alcalde Jorge Suárez.. Promovemos esta Campaña a nivel estatal xunto coa Campaña polo Peche dos Cies :CIEs NON co obxectivo de facer visible o drama cotián que sufren as persoas migrantes, veciños e veciñas nosos en situación de irregularidade administrativa, que son detidos nas nosas vilas e cidades, poden ser internados en CIES (Centros de Internamento de Estranxeiros) e que son deportados de forma forzosa e moitas veces violenta , case 10.000 o ano pasado, coa colaboración e o correspondente beneficio económico (12 millóns de Euros no último Concurso ) do grupo empresarial GLOBALIA, que inclue a AIR EUROPA ou HALCÓN VIAXES entre varias outras empresas e marcas moi coñecidas. No Concurso Público Estatal que remata de resolverse para os anos 2016 e 2017, este grupo empresarial obtivo de novo a Concesión, pese a presentar una oferta económica máis elevada. As entidades que apoíaron formalmente a Campaña son, entre outras: S.O.S Racismo Galicia, ONG Viraventos, Ecos do Sur , Mundo sin guerras y sin violencia , Esquerda Unida, Próxecto Cárcere, Patronato Concepción Arenal Alternativa Galega de Esquerda, PsdG/PSOE,Candidatura de Unidade Popular de Chantada, Oficina de Dereitos Socias de Vigo, GAS (Grupo de Axitación Social), Plataforma polo Emprego,Centro Traballo e Cultura de Cáritas de Santiago, CUT, CIG, e Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia. Ademáis contamos coa sinatura formal de máis dun cento de persoas de moi diferentes ámbitos.
Despois, continuaremos cun Acto Público Reivíndicativo ás 13:00 h na zona do Cantón, no que logo dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía ferrolán a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas, que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son perseguidas nas nosas vilas e cidades.
Logo dun xantar compartido, pola tarde, no mesmo Ateneo a partir das 16:30h celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada, que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: promovemos, por certo unha Xornada de Mobilizacións nas vilas e cidades de Galicia o domingo 19 de Xuño co lema “Rachemos coas Fronteiras. Non as Guerras” coíncindindo coa celebración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas.
A Asemblea marcará tamén ás liñas de traballo futuras para o curso 2016/2017.