domingo, 18 de diciembre de 2016

Sábado 17 de decembro, 11h - Acto conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes no Ateneo Ferrolán

Convidámosvos a participar este sábado 17 de decembro, dende as 11:00h, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, nun acto conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes, que se celebra o 18 de decembro.



O acto comezará coa proxección do documental "Astral", que amosa as tribulacións da ONGD Proactiva Open Arms para fletar un buque entregado en doazón co que rescatar ás persoas que fuxen dos conflictos en oriente medio a través do Mediterraneo.

A continuación faremos unha pequena presentación do significado da data a conmemorar e realizaremos un pequeno resumo das accións nas que participou o Foro Galego de Inmigración neste 2016.

Tras esta introducción, daremos paso a unha mesa redonda protagonizada polas seguintes convidadas:

  • Xabier Ron: membro de Esquerda Unida, ex-membro do grupo parlamentar de AGE. Vencellado ás reivindicacións do movemento migratorio de Galicia é membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa creación.
  • Maite Bustamante: avogada e colaboradora do Foro Galego de Inmigración
  • Saínza Ruíz: concelleira de migracións do Concello de Ferrol.
Nesta mesa as convidadas expoñerán a súa perspectiva da situación actual dentro dos movementos migratorios e logo abrirase unha rolda de preguntas para permitir a participación do público.

No hay comentarios:

Publicar un comentario