¡Estamos de noraboa! O pasado luns recibimos comunicación do
Seminario Galego de Educación para a Paz para informar que
acordaran concedernos ao Foro Galego de Inmigración o seu premio anual: o coñecido, e prestixioso, premio
PORTAPAZ, que se entrega pola defensa dos valores que se corresponden cunha cultura de Paz.
O
acto de entrega será o vindeiro
venres día 27 de xaneiro, ás
19:30h no
auditorio da Obra Social ABanca, na Praza de Cervantes, Santiago de Compostela. O premio non ten dotación económica, pero sí un importante valor simbólico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario