lunes, 5 de febrero de 2018

Xornada de traballo sobre o Decreto da RISGA - 17/03/2018, 11-14h, Santiago

A poucos días de rematar o 2017 publicóuse o decreto que desenvolve a aplicación da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) con un escasa marxe para presentar alegacións ou coordinar accións por parte dos colectivos e organizacións que traballamos no eido dos dereitos sociais.




Imaxe de acción de EAPN Galiza - http://praza.gal/economia/15754/a-xunta-inicia-con-tres-anos-e-medio-de-atraso-a-tramitacion-do-decreto-que-regula-a-risga/


Malia iso, pensamos que quedan uns meses ata a aprobación do decreto e que as actuacións incluidas no mesmo, debido a repercusión negativa que ha ter sobre a vida de personas en situación de vulnerabilidade, xustifican a coordinación do tecido asociativo comprometido coa xustiza social.

Para poñer en comúns as análises e alegacións realizadas e elaborar propostas concretas de incidencia política e social o Foro Galego da Inmigración CONVÍDAVOS a unha xornada de traballo o sábado 17 de marzo, en horario de 11 a 14hs no CSC de Fontiñas en Compostela.

Entre os obxectivos da xuntanza estaría:

  • coñecer o traballo de análise e alegacións ao decreto que fixemos en cada colectivos
  • tratar de chegar a un consenso sobre os puntos que debería incorporar o decreto
  • elaborar unha declaración conxunta para tratar de incidir no debate público e no proceso de aprobación do decreto
  • outras accións de incidencia que consideremos oportunas
Co fin de mellor organizar a xornada pedímovos que confirmedes a participación no email ou teléfono:





E nos poñemos a vosa disposión para calquera dúbida ou cuestión que poida xurdir.


Agardando contar convosco!
Saúdos,

Foro Galego da Inmigración



Novas relacionadas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario